440 likes | 642 Vues
Roma e o seu legado. Sinopse hist ó ri ca. 1. Introduci ón. A milenaria historia de Roma explica a profunda pegada que deixou esta civilizaci ó n que fixo exclamar a Saint-Just mil cincocentos a nos despois de desaparecer: O mundo est á vac í o despois dos romanos'.
E N D
Roma e o seu legado Sinopse histórica
1. Introdución • A milenaria historia de Roma explica a profunda pegada que deixou esta civilización que fixo exclamar a Saint-Just mil cincocentos anos despoisde desaparecer: O mundo está vacío despoisdos romanos'.
Esquema de Historia de Roma -753 Fundación de Roma. -754/-509 Periodo da monarquía, con lexendarios reis latinos e sabinos (Rómulo, Numa Pompilio, Tulio Hostilio, Anco Marcio), e etruscos (Tarquino Prisco, Servio Tulio e Tarquino o Soberbo). -509 Comezo da República -494 Rebelión dos plebeios que se retiran ao monte Aventino para esixiren a igualdade de dereitos cos patricios. -450 apr. Recoñecemento da igualdade civil coa elaboración dun código de leis escrito, a Lei das XII Táboas. -300 Recoñecemento da igualdade de dereitos políticos e relixiosos entre patricios e plebeios. (Libre acceso ao Senado, ásmaxistraturas e colexios sacerdotais). Ss.-V/-III Roma apodérase de toda a península italiana tras vencer volscos, samnitas, etruscos, galos e gregos. -264/-146 Guerras púnicas entre Roma e Cartago.Tras estas Roma domina todo o Mediterráneo central e occidental (Hispania). -147 Conquista de Grecia. -133/-121 Movemento reformador dos hirmáns Graco que fracasa pola oposición da aristocracia. -82/-71 Rebelión dos pobos Itálicos que reivindican a cidadanía romana. Dictadura de Sila tras vencer a Mario nunha guerra civil.Levantamento dos escravos dirixido por Espartaco. -49/-44 Primer Triunvirato: Pompeio, Craso, César. Cesar conquista as Galias.Guerra civil entre Pompeio e César. César convértese en dictador. Asasinato de César no ano -44 -42/-30 Segundo triunvirato: Léido, Antonio e Octavio. Victoria de Octavio sobre Antonio en Actium. Octavio conquista Exipto. -27/14 Comezo do Imperio. Estabelecemento do Principado. Octavio goberna co título de Augusto. Fin das guerras civís. 14/193 Goberno das dinastías Xulio Claudia, dos Flavios e dos Antoninos. Periodo de case dous séculos de paz, a Pax Romana só alterada por algunhas campañas exteriores. Con Traxano (98-117) o Imperio alcanza a súa máxima extensión tras a conquista da Dacia (Rumanía). 193/284 Periodo da anarquía militar: sucédense un gran número de emperadores elexidos polo exército. Presión dos pobos fronteirizos (xermanos, partos...) e crise económica. Migración desde as cidades para o campo. 284/305 Reinado de Diocleciano; a Tetrarquía. Comeza o Dominado: o Imperio convértese en monarquía absoluta, mesmo se diviniza o emperador. Persecución de cristiáns 306/337 Reinado de Constantino. Apoxeo do absolutismo monárqquico. Concesión de libertade de culto aos cristiáns (Edicto de Milán, 313). 379/395 Reinado de Teodosio. No 391 converte o cristianismo na relixión oficial do Imperio.División do Imperio entre os seus filos (395): Occidente para Honorio e Oriente para Arcadio 476 Caída do Imperio Romano de Occidente. O Imperio de Oriente mantívose até 1453.
Texto: Eneas recibe a orden de abandonar Troia. • Fuxe, fillo dunha deusa, fuxe e líbrate desas lapas. O enemigo ocupa a cidade. Troia derrúbase desde o seu alto cume(....).Troia confíache os seus objectos sagrados e as súas penas; tómaos como compañeiros do teu destino e busca para eles novas murallas, que fundarásdespuois de percorrer o mar.(VIRXILIO. Eneida, II)
2. AS ORIXES • As orixes de Roma: a lenda da fundación • O reinado de Rómulo (-753/ -715)
2.1. As orixes de Roma: a lenda da fundación • A Italia prerromana era un mosaico de pobos , que foran chegando desde finais do primeiro milenio e entre os que se achaban os latinos.Na primeira metade do s. -VIII algunhas tribos latinas sentíronse ameazadas e decidiron refuxiarse nos outeiros próximos ao Tíber, asociándose nunha federación que será o xermolo da futura Roma.A tradición romana atribúe a fundación da cidade no ano -753, aos xemelgos Rómulo e Remo , fillos da vestal Rea Silva e de Marte, e descendentes do heroi troiano Eneas.
2.2O reinado de Rómulo (-753/-715) • Segundo a lenda Rómulo fundou Roma, foi o seu primeiro rei e realizou importantes innovacións . Rómulo desapareceu misteriosamente; segundo algunhas versións asasinado polos senadores que no admitían o seu excesivo poder. Posteriormente foi deificado baixo o nome de Quirinus, fillo de Marte, aínda que o seu culto nunca foi moi popular.
3. A MONARQUÍA • Os reis sabinos • Os monarcas etruscos • Os etruscos en Roma
3.1 Os reis sabinos • Reinado de Numa Pompilio (714-672 a.C.) • Reinado de Tulio Hostilio (672-640 a.C.) • Reinado de Anco Marcio (640-616 a.C)
Reinado de Numa Pompilio (714-672 a.C.) • Segundo a tradición, o Senado elixíu como sucesor de Rómulo o sabino Numa, home sabio e piadoso. A Numa se le atribúeselle a organización da primitiva relixión romana: regulación do culto, dos ritos adivinatorios e das funcións dos sacerdotes e colexios sacerdotais (pontifex, flámines, feciales).
Reinado de Tulio Hostilio (672-640 a.C.). • Ao pacífico Numa sucedeuno o belicoso Tulio Hostilio que extendeu o dominio de Roma sobre os montes Albanos tras conquistar Alba Longa. Segundo a tradición Tulio morreu aniquilado por un raio.
Reinado de Anco Marcio (640-616 a.C) • Anco Marcio extendeu o dominio de Roma até o mar, fundando na desembocadura do Tíber o porto de Ostia. Taménbaixo o seu reinado construeuse o pons Sublicius, a primeira ponte sobre o Tíber. Tras a morte de Anco Marcio chegou a Roma unha dinastía de orixe etrusca.
3.2 Os monarcas etruscos • Tarquino Prisco, el Antiguo (616-578) • Reinado de Servio Tulio (578-534 aC) • Reinado de Tarquino el Soberbio (534-509)
Tarquino Prisco, o Antigo (-616/-578) • A lenda presenta Tarquino como un rei de orixe etrusca. Anco Marcio confioulle a tutela dos seus hijos e á súa morte o pobo elexíuno rei. • Tarquino batallou vitoriosamente coas tribus limítrofes, convertindo Roma nunha urbse introduciu en Roma os deuses e os costumes e símbolos etruscos de poder militar (fasces) e político (sela curul, toga laticlavia).
Reinado de Servio Tulio (-578/-534) • Servio Tulio, fillo dunha esclava da Corte foi educado como un príncipe. Casado con unha filla de Tarquino, foi proclamado rei tras a súa morte. Servio Tulio elaborou a primeira Constitución política de Roma que limitou o poder da aristocracia. Ademais engrandeceu a cidade e mellorou a súa seguridade amurallando o recinto. Morreu asasinado por un grupo de patricios, entre os que se achaba a súa propia filla e o seu xenro, o futuro Tarquino o Soberbo.
Reinado de Tarquino o Soberbo (-534/-509) • LucioTarquino subiu ao poder como Tarquino II e gobernou de forma tiránica, aínda que durante o seu reinado se ergueron numerosas obras públicas entre as que salienta o templo dedicado aXúpiter denominado Capitolio. • A tradición conta que o malestar dos romanos, máis que nada dospatricios, estoupou nunha revolta tras a violación da nobre Lucrecia . Por fin Tarquino fuxiu e a monarquía foi abolida.
Os etruscos e Roma • Causas da conquista: A conquista de Roma inscríbese dentro do proceso de expansión etrusca e explícase por: • Acharse nun punto estratéxico fácil de defender na principal ruta comercial (ámbar, metais, cereais)entre o norte e o sul de Italia. • Posuír unhas ricas salinas. • Ofrecer boas comunicaciónss a travésdo río Tíber.
Os etruscos e Roma • Aportacións dos etruscos a Roma • Conversión de Roma nunha urbs mediante a integración das diferentes aldeas e unha ambiciosa política de obras públicas de tipo militar (murallas), relixioso (Capitolio), civil (Circo Máximo) e sanitario (Cloaca Máxima). • Reforma do exército coa incorporación da plebe e a súa organización en centurias de infantería e cabaleiría, base das posteriores lexións. • Introdución de elementos da súa relixiosidade (personificación dos deuses). • Innovacións de tipo cultural de orixe grego (alfabeto, escritura), ou propias (realismo escultórico).
Os etruscos e Roma • Causas da expulsión dos etruscos • Contexto de decadencia desta civilización • Forte oposición dos patricios pola perda dos seus privilexios políticos. • Malestar da poboación co goberno tiránico de Tarquino o Soberbo.
TEXTO: A REFORMA DE SERVIO TULIO • Así pois [Servio Tulio] instituiu o censo, unha cosa utilísimaima para un goberno que habería de ser tan grande, polo que as cargas da guerra e da paz non se distribuirían de xeito individual, como antes, senón en proporción ás riquezas; entón distribuiu o pobo en clases e centurias e neste orde polo censo, algo axeitado tanto á paz como á guerra guerra.(TITO LIVIO. Historia de Roma, I)
4. A REPÚBLICA OLIGÁRQUICA (-509/-300) • La expulsión dos etruscos trouxo consigo a creación dunha república oligárquica controlada polos patricios. • Pero os plebeios formaban un grupo cada vez máisnumeroso e próspero que esixía a igualdade de dereitos. No ano -494 rebelaronse retirándose ao monte Aventino. • A ameaza de fundaren unha nova cidade e a necesidade de apoios financieiros e militares na súa política de expansión por Italia obrigou os patricios a un progresivo recoñecemento da igualdade de dereitos dos plebeios que se completou no ano -300.
4.1 A IGUALACIÓN DE DEREITOS ENTRE PLEBEIOS E PATRICIOS • A igualdade civil • Creación dun Código de leis escrito (Lei das Doce Táboas, -452) que impedía a manipulación da lei por parte dos patricios. • Autorización dos matrimonios mixtos entre patricios e plebeios (Lei Canuleia, -445). • A igualdade política • Acceso a todas as maxistraturas e ao Senado. • Creación dunha nova maxistratura (Tribunos da plebe, -493), encargada de defender os dereitos dos plebeios. • A igualdade relixiosa • Acceso aos colexios sacerdotais. Incluso ao cargo de Pontifex Maximus (-300).
5. A EXPANSIÓN DE ROMA (-509/-133) • A CONQUISTA DE ITALIA • A CONQUISTA DO MEDITERRÁNEO • AS GUERRAS CON CARTAGO, AS “GUERRAS PÚNICAS”
5.1 A CONQUISTA DE ITALIA • Os romanos explicaron o inicio da sñua expansión pola necesidade de protexerse dos ataques dos pobos viciños. • Os avances foron lentos e con algunhas derrotas que chegaron a aameazar a supervivencia da propria Roma. • O control de Italia non se completou até o -265 coa ocupación das colonias gregas da Magna Grecia.
5.2.1 A CONQUISTA DO MEDITERRÁNEO OCCIDENTAL • A conquista do Sul da Italia por Roma ameazaba a hexemonía de Cartago no Mediterráneo, desencadeando pouco despois as “Guerras Púnicas” (-246/-146). • A derrota de Cartago, favorecida pola vitoria de Escipión sobre Aníbal, permitiu a Roma ocupar todo o Mediterráneo central e occidental incluíndo o suleste da Galia, norte de Áfeica, Sicilia, Córcega e o zona mediterránea de Iberia (-133)
5.2.2 A CONQUISTA DO MEDITERRÁNEO ORIENTAL • Rematada a conquista do Mediterráneo Occidental, a expansión polo Mediterráneo Oriental u nicamente se pode explicar por ambicións imperialistas. • Os reinos helenísticos foron conquistados progresivamente: • primeiro Macedonia e Grecia (-147), • despois Siria e Asia Menor (-129) • e por fin Exipto por Octavio (-30) • Así, a fins do século -I o mediterráneo veu a ser un lago romano, até o extremos de chamáreno “Mare Nostrum”.
5.3 AS GUERRAS CON CARTAGO, AS “GUERRAS PÚNICAS” • Desde o s. -IV e como consecuencia da descomposición da civilización grega e do Imperio de Alexandre Magno, Cartago mantiña unha posición hegemónica no Mediterráneo que se viu ameazada coa conquista por Roma do sul de Italia. • O dominio da illa de Sicilia foi o desencadeante do conflito que enfrentaría ambas potencias nas tres Guerras Púnicas (-264/-146).
5.3.1. As tres “Guerras Púnicas” • Na Primeira Guerra Púnica, tras moitos avatares os romanos derrotaron os cartaxineses e obtiveron Sicilia. • Durante a Segunda Guerra Púnica (-218/-201) Italia estivo ocupada 10 anos polo xeneral cartaxinésAníbal, incluso Roma viuse asediada e estivo a punto de perecer. Pero Escipión destruiu o poder de Aníbal en África, na batalla de Zama (-202). Tras a guerra os cartaxineses cederon Hispania e África a Roma. • Finalmente, na Terceira Guerra Púnica (-149/-146), Cartago foi arrasada e os seus dominios convertidos en ager publicus de Roma.
Os principais beneficiarios da expansión territorial romana foron os ricos comerciantes plebeios e, máis que naada, as grandes familias patricias (optimates) que recibiron imensos latifundios traballados por escravos.
Non obstante, a guerra arruinou os labregos pobres que se viron na obriga de emigrar. • Roma convertiuse nunha gran urbe cunha numerosa plebe empobrecida que sobrevivía gracias aos repartos do Estado, a traballos ocasionais ou á súa actividade como clientes.
Baixo este contexto sucedéronse as guerras sociais, desde o s.-II: • Intentos de reforma agraria dos irmáns Graco a mediados do s. -II. • Levantamento dos pobos itálicos polo dereito completo de cidadanía (-91/-89). • Revolta de escravos liderada por Espartaco (-73/-71).
O axitado final da República romana. • A incapacidade das institucións republicanas para garantizar a paz social xunto coas ambicións persoais precipitaron o fin da República entre ditaduras, triunviratos e guerras civís.
Guerra Social entre Mario y Sila (-90/-88). • Dictadura de Sila (-82/-80). • Asesinato de César (-44). • Sucesión de triunviratos: • O primeiro triunvirato (-59/-48) entre Pompeio, Craso e César rematou co poder en mans de César logo dunha guerra civil con Pompeio. • Asasinato de César (-44). • Tras o asasinato formouse o segundo triunvirato (-43/-31) entre Octavio, Lépido e Marco Antonio. • O triunfo de Octavio (-31) sobre Marco Antonio logo dunha nova guerra civil, permitiulle a liquidación do réxime republicano e o estabelecemento do Principado co que se iniciou o período imperial.
7. O Alto Imperio (-31/476) • Características políticas. • Expansión territorial. • A pax romana. • Dinastías e emperadores.
7.1 Características políticas. • O novo sistema político creado por Augusto basouse na autoridade persoal do soberano lexitimada polo mantemento formal das institucións republicanas. • Ademais para evitar rifas polo trono, o emperador elexía o seu sucesor, polo xeral un familiar (agás tras o goberno de emperadores tiránicos como Nerón ou Domiciano, que elexiu o exército). • Este sistema de goberno explica que se formasen auténticas dinastías como as dos Xulio Claudios, Flavios e Antoninos .
7.2 Expansión territorial: segue durante o alto imperio. • No norte, a fronteira quedou fixada na liña Reno-Danubio, tras as conquistas de Xermania (Augusto) e a Dacia. • No sur, posúen o norte de África até o Sahara. • No oeste, a fronteira sitúase en Escocia nas Illas Británicas (Claudio e Nerón). • No leste, chegan até a Mesopotamia (Traxano).
7.3 A pax romana. • Este período de estabilidade, seguridade e prosperidade é coñecido como a época da pax romana. • O Alto Imperio foi tamén un momento de esplendor construtivo (Panteón de Agripa, Coliseo) e de escritores (Virxilio, Horacio, Apuleio, Marcial), filósofos (Séneca), historiadores (Tito Livio, Suetonio e Tácito) ou naturalistas (Plinio). • Durante este período as rexións conquistadas asimilaron a lingua e costumes de Roma nun proceso coñecido como romanización. • Todos os habitantes do imperio considerábanse membros dunha mesma civilización por riba de localismos.
8. O Baixo Imperio romano (193/476) • A crise do século III. • O Dominado. • O final de Roma. • Dinastías e emperadores do Baixo Imperio até a división do imperio.
8.1 A CRISE DO SÉC. III • Ao longo do s. III o imperio entrou nun periodo de anarquía no que se sucederon os emperadores elexidos polo exército. • A dificultade para gobernar un territorio tan extenso, a belicosidade dos pobos fronteirizos, a crisis económica e as ambicións persoais dalgúns militares desencadearon un proceso de inestabilidade e decadencia.
8.2 O Dominado • A finais do s. III a situación obligou ao emperador Diocleciano a dividir o Imperio en catro zonas con cadanseu emperador colexiado: tetrarquía. • Non obstante, a presión dos pobos fronteirizos era imparábel. Polo leste independizáronse os partos, mentres que no norte e no oeste os xermanos invadían e saqueaban algunhas zonas do Imperio. • O Imperio convirtiuse nunha monarquía absoluta (Dominado) que chegou mesmo á divinización do emperador. • A principios do s. IV a situación seguía a ser tan precaria que o emperador Constantino trasladou a capital desde Roma á antiga Bizancio rebautizada como Constantinopla. • A pobreza e inseguridade do Baixo Imperio provocou un desmantelamento da civilización romana na rexión occidental que pasou de urbana, comercial e pagana, a rural, autosuficiente e cristiana.
8.3 O final de Roma • No ano 395, o emperador Teodosio dividiu o Imperio entre os seus 2 fillos polo temor a que os problemas da parte norte e occidental se extendesen por todo o Imperio. Teodosio deixou ao seu primoxénito Arcadio Oriente, e ao seu fillo máis novo Honorio, Occidente. • A parte occidental foise desintegrando en numerosas nacións gobernadas por pobos xermanos. Finalmente, no ano 476 Odoacro conquistou Roma poñendo fin ao Imperio. • Mentres tanto o Imperio romano de Oriente seguía a ser unha zona rica, poboada e estábel que sobreviviu co nome de Imperio Bizantino durante case mil años máis, aínda que o seu período de máximo esplendor foi no s. VI baixo o emperador Xustiniano.