1 / 12

DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL E IMPERSOAL DE INFINITIVO

DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL E IMPERSOAL DE INFINITIVO. Imos estudar a construción persoal e impersoal de infinitivo a través de seis fases:. DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL E IMPERSOAL DE INFINITIVO. Fase 1ª: Ubicación Fase 2ª: Recoñecemento Fase 3ª: Verbos determinantes

tyanne
Télécharger la présentation

DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL E IMPERSOAL DE INFINITIVO

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL E IMPERSOAL DE INFINITIVO

  2. Imos estudar a construción persoal e impersoal de infinitivo a través de seis fases: DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL E IMPERSOAL DE INFINITIVO • Fase 1ª: Ubicación • Fase 2ª: Recoñecemento • Fase 3ª: Verbos determinantes • Fase 4ª: Tradución • Fase 5ª: Mutación • Fase 6ª: Orixe, evolución e razón do nombre

  3. Fase 1ª: Ubicación: Como saber que estamos diante deste tipo de construción? Cando nos atopemos cunha oración de infinitivo da que o verbo determinante estea en voz pasiva e non se trate dun verbo deponente. Exemplo: SI: Dicitur Homerum caecum fuisse. NON: Piso pollicetur Caesarem iturum. Verbo pasivo Verbo deponente

  4. IMPERSOAL Se se dan conxuntamente dúas circunstancias: Que o verbo pasivo en forma persoal estea en terceira persoa do singular. Que na frase haxa un acusativo suxeito do infinitivo. PERSOAL Sempre que o verbo determinante non estea en terceira persoa do singular. Tamén cando, ao estar o verbo determinante en terceira persoa do singular, non haxa na frase un acusativo suxeito do infinitivo. Fase 2ª: Recoñecemento: E como distinguir se é impersoal ou persoal? Solem e mundo tollere videntur qui amicitiam e vita tollunt. Dicitur Homerum caecum fuisse. Druidum disciplina in Britannia reperta atque inde in Galliam translata esse existimatur.

  5. Se o verbo determinante pasivo aparece en tempo composto na construción impersoal, o participio iempre estará en forma neutra; na persoal, concertará en xénero, número e caso co nominativo que fai de suxeito. w: Fase 3ª: Verbos determinantes: Que verbos determinantes adoitan usarse? • Videtur: parece, semella • Fertur/dicitur: dise, disque • Existimatur/putatur: pénsase • Traditur: sábese por tradición • Auditur/audiebatur: óese/ouvíase • Iubetur/iussum est: ordénase/ordenouse

  6. Fase 4ª: Tradución: Como traducir? Ambas as dúas construcións tradúcense da mesma maneira, como se fose impersoal, é dicir, como se se tratase dunha oración de infinitivo con suxeito en acusativo. Vexamos un exemplo

  7. Dicitur Homerum caecum fuisse / Dicitur Homerus caecus fuisse Comézase por traducir o verbo determinante seguido de ‘que’: Preme o teu rato para avantar na presentación Dicitur: dise que Tradúcese logo o suxeito do infinitivo e, por fin, o infinitivo na forma persoal que lle corresponda máis os seus complementos: Homerum caecum fuisse/Homerus caecus fuisse: Homero foi cego.

  8. Fase 5ª: De perfeccionamiento: Como se transforma unha construción impersoal a persoal e viceversa? • TRANSFORMACIÓN DE IMPERSOAL A PERSOAL Comézase por pasar a nominativo –do seu mesmo xénero e número- a palabra que aparece na construción impersoal en acusativo suxeito do infinitivo; se na impersoal houbese algún adxectivo concertando co dito suxeito –incluído i participio se se trata dun infinitivo composto-, este adxectivo ou participio tamén se pasará a nominativo: Impersoal:Dicitur Homerum caecum fuisse Preme no teu rato para avantar na presentación Acusativo, suxeito do infinitivo Adxectivo que concerta co suxeito. Ambos pasan a nominativo: Homerus caecus

  9. Impersoal:Dicitur Homerum caecum fuisse Preme no teu rato para avantar na presentación O verbo determinante non precisa cambiar neste exemplo, pois o seu novo suxeito –Homerus- é un nominativo singular. Polo demais, se a persoa e número resultante do novo suxeito non coincidise coa 3ª persoa do singular do verbo determinante, modificarase este para facelo concertar: Persoal:Dicitur Homerus caecus fuisse Nun exemplo como o seguinte, si tenríamos que cambiar o verbo determinante: Impersoal:Hostes adesse nuntiatur /Persoal:Hostes adesse nuntiantur Acusativo, suxeito de adesse Nominativo, suxeito de nuntiantur e de adesse.

  10. Fase 5ª: De perfeccionamiento: Como se transforma unha construción impersoal a personal e viceversa? • TRANSFORMACIÓN DE PERSOAL A IMPERSOAL O procedemento é o inverso. Comézase por poñer o verbo determinante en 3ª persoa do singular do mesmo tempo, se non o estivese; logo, a palabra en nominativo –expresa ou elíptica- que facía de suxeito do dito verbo pasa a acusativo do seu mesmo número para que sexa agora suxeito do infinitivo; finalmente faise o mesmo (pásase a acusativo do seu mesmo xénero e número) os adxectivos ou participios que acompañasen a ese suxeito: Nominativo, a concertar con Aristeus Preme no teu rato para avantar na presentación Persoal:Aristeus olei inventor fuisse dicitur 3ª persoa do singular, con Aristeus como suxeito Nominativo, suxeito de dicitur 3ª persoa do singular, coa oración de infinitivocomo suxeito Impersoal:Aristeum olei inventorem fuisse dicitur Acusativo, a concertar con Aristeum Acusativo, suxeito de fuisse

  11. Fase 6ª: Orixe, evolución e razón do nome: Como surxe a construción persoal e por que se chama así? Pártese, na súa orixde, de verbos declarativos (decir, contar, saber...) que en activa -máis que nada na 3ª persona do singular ou plural as máis das veces (di/din, conta/contan...) poden eventualmente adoptar a construcción impersoal, no senso de non contaren cun suxeito definido: Dicunt Suevos centum pagos habere Din que os Suevos teñen cen aldeas Preme no teu rato para avantar na presentación Pois ben, se transformamos a oración en pasiva, a oración de infinitivo, lóxica e gramaticalmente, pasa a ser suxeito do dito verbo declarativo: Dicitur Suevos centum pagos habere

  12. Agora ben, a tendencia do latín a suprimir o impersoal provocou que o acusativo –suxeito do infinitivo- pasase a nominativo –suxeito, gramaticalmente só, non lóxicamente, do verbo declarativo-, que queda así convertido artificialmente en persoal. Esta construción persoal é, con moito, a máis frecuente en latín clásico. Quedaría, pois, finalmente así a nosa construción orixinal: Dicuntur Suevi centum pagos habere. Esta construción chámase tamén ‘construción de infinitivo con nominativo’.

More Related