220 likes | 376 Vues
DocNet : Aplicación informática para a planificación da docencia. Perfil: Profesorado ou Coordinador/a de materia. vic.tce@uvigo.es http://webs.uvigo.es/victce. Vicerreitoría de Titulacións e Converxencia Europea. PERFIL: PROFESORADO OU COORDINADOR/A DE MATERIA.
E N D
DocNet:Aplicación informática para a planificación da docencia. Perfil: Profesorado ou Coordinador/a de materia vic.tce@uvigo.es http://webs.uvigo.es/victce Vicerreitoría de Titulacións e Converxencia Europea
PERFIL: PROFESORADO OU COORDINADOR/A DE MATERIA Este documento contén unha breve revisión sobre as funcionalidades do perfil Profesorado ou Coordinador/a de materia da aplicación DocNet, para a elaboración e publicación das guías docentes de titulacións adaptadas ao EEES. No “Manual de uso do perfil Profesorado ou Coordinador/a de materiapara o curso 2010/11”, que se atopa na páxina web da Vicerreitoría de Titulacións e Converxencia Europea (enlace a Guías Docentes e Adaptación) e na propia aplicación, disporá dunha descrición máis detallada sobre o perfil e as súas funcionalidades. Máis información en adaptacioneees@uvigo.es
PERFIL: PROFESORADO OU COORDINADOR/A DE MATERIA Pantalla de acceso a DocNet a través da Secretaría Virtual Dixitamos os datos de acceso
Pantalla principal Nesta pantalla pódese: • Cambiar o tamaño das fontes da interface. • Seleccionar o idioma da interface de traballo. • Cambiar o perfil de usuario da ferramenta. • Seleccionar o ano académico. • Seleccionar a materia na que se quere traballar durante a sesión • Manual de axuda. • Saír do programa.
Pantalla principal Seleccionar a materia na que queremos traballar durante a sesión facendo clic sobre o nome ou no ícone Seleccionar o perfil “Profesorado” • O profesorado, ao acceder a DocNet, verá a listaxe de materias que ten asignadas para o curso académico 2010/11. Destas materias, nalgúns casos: • Será o coordinador/a, e poderá editar a guía docente facendo clic en • Será o profesor/a xunto a outros, e poderá ver a materia facendo clic sobre • A función Importar permítelle ao coordinador utilizar: • O contido da guía docente do curso anterior dunha materia co mesmo código. • O contido de guías docentes do mesmo curso académico das que tamén sexa coordinador/a.
Visualización da guía docente de materia (diversos formatos) Linguas de publicación da guía docente de materia. A aplicación ofrece a posibilidade de cumprimentar e publicar a guía docente en tres linguas. Non obstante, a tradución da información introducida dunha a outra non é automática, polo que para asegurar unha rápida visualización da guía de titulación nun formato unificado, recoméndase indicar o/os idioma/s en que se desexa publicar a devandita guía (nos que se deben completar todas as guías de materia da titulación). Antes de inserir a información, o profesor debe marcar a lingua seleccionada. Se desexa que a vista pública da guía mostre dúas ou máis versións da guía docente, débense marcar as pestanas correspondentes. Apartados da guía docente de materia Premer sobre eles para acceder á información
Paso 1: Competencias de titulación Neste paso móstranse as competencias da titulación. Sería recomendable ler e analizar as competencias para ter unha visión global de aquilo que o alumnado debe ser quen de conseguir unha vez obtida a titulación. Enviar consulta ao responsable de titulación Competencias de titulación traballadas na materia (en negriña despois de completar o Paso 2) Competencias de titulación non traballadas polas competencias de materia (sen destacar)
Paso 2: Competencias de materia • Neste paso: • Defínense/introdúcense as competencias da materia: • - Asígnaselles unha tipoloxía (saber, saber facer, saber estar). • - Relaciónanse coas competencias da titulación. • Pódense consultar consignas e axudas. • No pé da páxina temos un cadro de texto no que podemos inserir as competencias de materia. Débense introducir unha a unha. • Para gardar información, premer Inserir 3. Despois de inserirmos a competencia de materia, faremos clic no ícone Editar para seleccionar tipoloxía e competencia de titulación relacionada.
Paso 2: Competencias de materia 3. Finalmente, gardamos os datos introducidos 1. Seleccionamos a tipoloxía 2. Seleccionamos as competencias, específicas e transversais, de titulación ás que contribúe esta competencia de materia
Paso 2: Competencias de materia Empregando as frechas é posible cambiar a orde das competencias da materia. Aviso: Non se seleccionou a tipoloxía e/ou competencia de titulación relacionada.
Paso 3: Contidos da materia Neste paso defínense os temas e subtemas que conformarán os contidos do programa da materia, ordenados de acordo cunha secuencia determinada. Nos cadros de texto inserimos un por un os temas cos subtemas correspondentes
Paso 4: Planificación docente Neste paso lévase a cabo a distribución das horas de dedicación do alumnado en función das metodoloxías e/ou probas propostas. É preciso detallar as metodoloxías docentes e probas que se van empregar. Para cada actividade débese especificar: Acarga horaria asociada a cada metodoloxía. Se se lle recomenda ao alumnado atención personalizada. Se contribúe directamente á avaliación.
Paso 4: Planificación docente • Seleccionar as metodoloxías/probas no despregable e facer clic sobre “Inserir metodoloxía” ou “Inserir proba”. • Para obter información sobre as diferentes metodoloxías ou probas, premer sobre o enlace Metodoloxías ou Probas. • Ao seleccionar unha metodoloxía/proba, débense marcar as opcións que se presentan (se require atención personalizada, se contribúe á avaliación da materia) e introducir a carga horaria. • Facer clic sobre “Inserir”
Paso 4: Planificación docente Este é un exemplo de como se vería a planificación docente unha vez introducidos os datos
Paso 5: Metodoloxía docente Neste paso móstranse as metodoloxías e probas inseridas no Paso 4. Co obxecto de que o alumnado se faga unha idea máis concreta do tipo de actividades que realizará no proceso de ensinanza-aprendizaxe da materia: • Faremos clic no ícone Editar. • Redactaremos a descrición das diversas metodoloxías e probas seleccionadas no paso anterior. • Faremos clic en Gardar.
Paso 6: Atención personalizada Neste paso móstrase a lista de metodoloxías e probas seleccionadas na Planificación docentenas que se marcou a atención personalizada. 1. No cadro de texto débense describir, de forma xeral, as razóns polas cales se lle recomenda ao alumno/a atención personalizada e a forma na que se levará a cabo. 2. Para finalizar, premer sobreGardar, se desexamos conservar a información introducida.
Paso 7: Avaliación Neste paso móstranse as metodoloxías e probas que marcamos como avaliables no Paso 4. • Facer clic no ícone Editar. • Débense describir as metodoloxías ou probas, unha a unha, indicando os aspectos que se tomarán como referencia para avaliar o traballo do alumno/a e criterios empregados en cada actividade proposta. • Débese especificar a incidencia ou peso que terá sobre a avaliación global da materia.
Paso 7: Avaliación De se considerar oportuno, no cadro de texto pódense incluír Outras observacións con relación á avaliación: pautas de recuperación, indicacións a ter en conta nos distintos períodos de avaliación, etc.
Paso 8: Bibliografía Neste paso é imprescindible indicar as fontes de información básicas que servirán de apoio ao traballo do alumno/a e dar opcións para especificar fontes complementarias. Introduciremos os datos que se piden e faremos clic en inserir Tamén podemos inserir un comentario xeral
Paso 9: Recomendacións Recomendacións ao alumnado, tomando como referencia outras materias vinculadas coas competencias da materia que esteamos a modificar. Introduciremos as materias que é recomendable ter cursado previamente, as que se recomenda cursar simultaneamente e as que continúan o temario Tamén podemos inserir outros comentarios adicionais
Paso 10: Enviar guía docente • O sistema indica de maneira resumida os pasos con alertas activadas para poder solucionalas. • Unha vez enviada a confirmación, observarase que o semáforo cambia de vermello a amarelo, indicando que a guía foi enviada e que entra en proceso de revisión. • Cando se considere que a guía docente está completa e que rematou o proceso de revisión, pódese poñer o semáforo en verde (estado de finalización). Pódese poñer o semáforo en verde desde o paso 10, premendo sobre a cor verde do semáforo ou desde a páxina de entrada, onde se atopan todas as materias.