1 / 36

FORMULACIÓN INORGÁNICA

FORMULACIÓN INORGÁNICA. X. A. m -. Z. n. X. SÍMBOLO DO ELEMENTO. Z. NÚMERO ATÓMICO (número de protóns do núcleo). A. NÚMERO MÁSICO (protóns do núcleo + nº neutróns). n. Número de átomos do agregado que se presenta. m. Carga absoluta se se trata dun ión.

elton
Télécharger la présentation

FORMULACIÓN INORGÁNICA

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. FORMULACIÓN INORGÁNICA

  2. X A m- Z n X SÍMBOLO DO ELEMENTO Z NÚMERO ATÓMICO (número de protóns do núcleo) A NÚMERO MÁSICO (protóns do núcleo + nº neutróns) n Número de átomos do agregado que se presenta. m Carga absoluta se se trata dun ión. Notación Xeneraliza dun Elemento X A m+ Z n Se a particula esta cargada negativamente

  3. Formulación e nomenclatura en Química Inorgánica A fórmula química é unha representación simbólica da molécula ou unidade estrutural dunha substancia. Contén os símbolos dos elementos que forman o composto e, xunto a eles, uns subíndices que indican o número de átomos deses elementos. A nomenclatura é o conxunto de regulamentos mediante os cales se nomean os compostos. Sistemas de nomenclaturas • Sistemática: [proposta pola IUPAC].utiliza os prefixos mono (1), di (2), tri (3), tetra (4), penta (5), hexa (6),hepta (7), para indicar o número de átomos correspondentesaos elementosque forman o composto. Pódese prescindir do prefixo mono cando non sexa necesario (elemento que ten un só número de oxidación), e, adoita indicarse cando a proporción é 1:1 • Stock: nome do composto (entre paréntese e en números romanos o número de oxidación do elemento diferenciador do composto). • Tradicional: o sistema máis antigo], só a utilizaremos na nomenclatura dos oxiácidos e das oxisales

  4. CONCEPTOS BÁSICOS Valencia: É o poder de combinación dun átomo para unirse con outros e formar un composto. Nos compostos iónicos é igual á carga iónica. Nos compostos covalentes é igual ao número de unións formadas. Número de oxidación:É un número enteiro que representa o número de electróns que un átomo pon en xogo cando forma un composto determinado. É positivo se o átomo perde electróns, ou os comparte cun átomo que teña tendencia a captalos. E será negativo cando o átomo gañe electróns, ou os comparta cun átomo que teña tendencia a cedelos.

  5. Regras para determinar o número de oxidación • Nun elemento en estado puro o índice de oxidación é cero. Na , Cl2, é 0. • Nun ión o número de oxidación coincide coa súa carga. No CsF: Cs+ e F. • O número de oxidación do hidróxeno é +1 (Agás nos hidruros metálicos onde o Hidróxeno actúa con  -1). • O número de oxidación do osíxeno é -2 (Agás nos peróxidos e hiperóxidos onde es -1 e -1/2, respectivamente) • O número de oxidación do fluor é sempre  1. • A suma dos números de oxidación de cada un dos átomos que constitúen un composto neutro é cero. • Nos ións poliatómicos, a suma dos números de oxidación dos átomos é igual a carga neta do ión. (O número de oxidación escribese en números romanos (lembrao no uso da nomenclatura deStock: +I, +II, +III, +IV, -I, -II, -III, -IV,etc). Pero para facilitar cálculos tamén se usan caracteres arábigos : +1, +2, +3.., -1, -2, -3, etc).

  6. Números de oxidación máis usuais números de oxidación positivos co H e cos metais números de oxidación negativos Cu+2 Outros números de oxidación Elementos que, con estes nº de oxidación , dan lugar a ácidos oxiácidos. 1º H Au+3 Hg+1 2º 3º 4º 5º 6º

  7. TIPOS DE SUBSTANCIAS COMPOSTOS BINARIOS OXIÁCIDOS HIDRÓXIDOS E CIANUROS SUBSTANCUIAS SIMPLES OXISALES

  8. SUBSTANCIAS SIMPLES Trátanse de combinacións de átomos dun só elemento. Algunhas substancias simples formúlanse co símbolo do elemento e un subíndice que indica o número de átomos que as forman: H2, F2, Cl2, Br2, I2, N2, O2, O3, P4, As4, S8, Se8. Outras substancias simples forman redes tridimensionais, nos que en cada vértice do cristal se encontra un átomo unido ao resto mediante enlace covalente, como no Si (silicio) e o C (diamante e grafito), o enlace metálico, como nos metais Fe, Au, Sn, … Os gases nobres son monoatómicos, polo que se representan mediante o símbolo do elemento.

  9. Todas estas substancias noméanse pola nomenclatura sistemática. C Carbono (diamante, grafito) Ar Argon Fe Ferro

  10. SUBSTANCIAS BINARIAS Son aquelas substancias que están formadas por dous elementos. • Nas fórmulas químicas colócase en primeiro lugar o elemento máis electropositivo e logo o máis electronegativo. Como regra xeral para aplicar a norma anterior, o elemento que se nomea en primero lugar colócase en segundo lugar e a inversa. • No caso dos compuestos binarios entre elementos non metálicos, escribese primeiro o elemento situado máis a ezquerda na siguiente serie (ainda que hai que dicir que esta serie non segue estrictamente a orde crecente de electronegatividade establecido por Pauling): B, Si, C, Sb, As, P, N, H, Te, Se, S, I, Br, Cl, O, F (Obsérvese que, salvo o H e o O, seguen a orde inversa dos grupos dos elementos non-metálicos do sistema periódico).

  11. A +x B -y A +x B -y y x • Como en todo composto químico neutro, a carga total debe ser nula, o número de oxidación aportado pola parte electropositiva debe coincidir en valor absoluto co número de oxidación da parte electronegativa.Actuarase en consecuencia: máis electronegativo y(+x) + x(-y) = 0 nº oxidación negativo • Toda fórmula química salvo lixeiras excepcións, que indicaremos, debe simplificarse ao máximo, é dicir, os subíndices deben ser primos entre si. • Utilizaremos para escribir os seus nomes a nomenclatura de Stocke asistemática. • Para nomealos cítase primeiro o elemento máis electronegativo terminado en“uro”, salvo se se trata dun composto con oxíxeno que se utiliza a palabra“óxido”.

  12. CLASIFICACIÓN DAS SUBSTANCIAS BINARIAS ÓXIDOS PERÓXIDOS E HIPEROXIDOS HIDRUROS SALES BINARIOS Básicos metal+oxíxeno Ácidos N.metal+oxíxeno Metálicos metal+hidróxeno Non metálicos N.metal+hidroxeno Sales neutros metal+N. metal Sales volátiles N.metal+N.metal grupos 13, 14,15hidruros volátiles grupos 16, 17haluros dehidróxeno

  13. COMBINACIÓNS BINARIAS DO OXÍXENO Son tres as combinacións que pode formar o oxíxeno: os óxidos, os peróxidos e os hiperóxidos ou superóxidos. Os ÓXIDOS son combinacións do oxíxeno (O2-) con outro elemento. Os óxidos pódense clasificar en función das súas propiedades ácido-base, de acordo co seu comportamento fronte a auga; es dicir: Formula xeral oxíxeno + metal óxido básico M2Om oxíxeno + non metal óxido ácido N2On A nomenclatura de Stock, é a nomenclatura recomendada para os óxidos básicos. A nomenclatura sistemática, é a nomenclatura recomendada para os óxidos ácidos.

  14. OsPERÓXIDOSson combinacións dun metal (do grupo: 1, 2, 11 e 12),ou do hidróxeno, co grupo peróxido (O22-), onde cada osíxeno ten número de oxidación -1, polo que estes compostos non se poden simplificar os subíndices. A fórmula xeral : X2 (O2)n . Se utilizamos a nomenclatura sistemática, noméanse igual que no caso dos óxidos. Se utilizamos a nomenclatura de Stock, noméanse igual que no caso dos óxidos, cambiando a palabra óxido por peróxido. Composto Sistemática De Stock Na2O2 Dióxido de disodio Peróxido de sodio MgO2 Dióxido de magnesio Peróxido de magnesio Cu2O2 Dióxido de dicobre Peróxido de cobre (I) CuO2 Dióxido de cobre Peróxido de cobre (II) H2O2 Dióxido de dihidróxeno Peróxido de hidróxeno OsHIPERÓXIDOS OU SUPERÓXIDOSson combinacións dun metal co grupo hiperóxido (O21-).A nomenclatura recomendada é a de Stock, cambiando a palabra óxido por hiperóxido (ou superóxido). Exemplos son: KO2 Hiperóxido de potasio BaO4 Hiperóxido de bario

  15. COMBINACIÓNS BINARIAS DO HIDRÓXENO O hidróxeno pode combinarse co resto dos elementos da táboa periódica. Actúa co número de óxidación. -1 se se combina cos elementos situados a súa esquerda e con +1 si se combina cos elementos situados á dereita, segundo a ordenación establecida por la IUPAC. B, Si, C, Sb, As, P, N,H, Te, Se, S, I, Br, Cl, O, F As combinacións a queda lugar son: Formula xeral HIDRURO METÁLICO MHn hidróxeno + metal Nos hidruros metálicos recoméndase a nomenclatura de Stock. Composto Sistemática De Stock FeH2 Dihidruro de ferro Hidruro de ferro (II) Fe2H3 Trihidruro de diferro Hidruro de ferro (III) ZnH2 Dihidruro de cinc Hidruro de cinc

  16. Formula xeral HALURO DE HIDRÓXENO HnX hidróxeno + n. metal (G. 16,17) S, Se, Te F, Cl, Br, I Nos haluros de hidróxeno recoméndase a nomenclatura sistemática. A de Stock non se usa. A nomenclatura tradicional está admitida pola IUPAC. Hai que ter en conta que as disolucións acuosas destes compuestos teñen carácter ácido (ácidos hidrácidos), polo que se nomean coa palabra ácido e o nome do elemento acabado en hídrico. Composto Sistemática Tradicional HF Fluoruro de hidróxeno Ácido fluorhídrico HCl Cloruro de hidróxeno Ácido clorhídrico H2S Sulfuro de hidróxeno Ácido sulfhídrico H2Se Seleniuro de hidróxeno Ácido selenhídrico Na nomenclatura sistemática, non é necesario poñer os prefixos numerais antes do hidróxeno, ao ter os elementos non metálicos un único n.o. negativo. Para distinguir entre os haluros de hidróxeno, gasosos ou disoltos en auga, adoita acompañarse fórmula a expresión entre parénteses: (aq), que significa acuoso: cloruro de hidrógeno(gas) HCl; ácido clorhídrico(acuoso) HCl(aq) .

  17. Formula xeral HIDRUROS VOLÁTILES hidróxeno + n. metal (G. 13,14,15) XHn B C, Si N, P,As,Sb Nos hidruros volátiles recoméndase a nomenclatura sistemática, ainda que a IUPAC acepta os nomes comúns da tradicional. A nomenclatura de Stock non se utiliza. Composto Sistemática Tradicional BH3 Trihidruro de boro Borano CH4 Tetrahidruro de carbono Metano SiH4 Tetrahidruro de silicio Silano NH3 Trihidruro de nitróxeno Amoníaco PH3 Trihidruro de fósforo Fosfina AsH3 Trihidruro de arsénico Arsina SbH3 Trihidruro de antimonio Estibina Existen outros hidruros volátiles como a hidracina N2H4, o diborano B2H6, que non se simplifican.

  18. SALES BINARIOS Son a combinación de dous elementos que non sexan hidróxeno e oxíxeno. As combinacións a queda lugar son: Formula xeral MXXn metal + N. metal SAL NEUTRO AbBa N. metal + N. metal SAL VOLÁTIL Nos sales neutros recomendase a nomenclatura de Stock. Nos sales volátiles recomendase a nomenclatura sistemática. Para a formulación dos sales volátiles conven recordar que a IUPAC establece que se coloque a esquerda o (elemento máis electropositivo) o símbolo do elemento que figure antes na relación: B<Si<C<Sb<As<P<N<Te<Se<S<I<Br<Cl<F Composto Sistemática De Stock Fe2S3 Trisulfuro de diferro Sulfuro de ferro (III) AuCl Monocloruro de ouro Cloruro de ferro (I) Cu2C Carburo de dicobre Carburo de cobre (II) PCl3 Tricloruro de fósforo Cloruro de fósforo (III) PCl5 Pentacloruro de fósforo Cloruro de fósforo (V) CS2 Disulfuro de carbono Sulfuro de carbono (IV)

  19. HIDRÓXIDOS E CIANUROS Os hidróxidos e os cianuros son compostos ternarios, e dicir, son compuestos formados por tres elementos diferentes. Os HIDRÓXIDOS fórmanse a partir do anión poliatómico OH, anión hidróxido, e un catión metálico. Formúlanse e nomeánse seguindo as regras xa dadas. O anión OH ten número de oxidación igual a súa carga, e decir, -1. Nos hidróxidos recoméndase a nomenclatura de Stock Composto Sistemática De Stock Fe(OH)3 Trihidróxido de ferro Hidróxido de ferro (II) Pb(OH)4 Tetrahidróxido de chumbo Hidróxido de chumbo (IV) AuOH Monohidróxido de ouro Hidróxido de ouro (I) Os CIANUROS son os compostos formados polo anión poliatómico CN, ión ciano, e os catións metálicos, seguen as regras que xa coñecemos NaCN Cianuro de sodio (NH4)CN Cianuro amónico

  20. Números de oxidación +1 +x 2 H X O a b c ÁCIDOS OXIÁCIDOS Son compostos formados poa unión do oxíxeno, o hidróxeno e un non metal (ou un metal, como o cromo, o manganeso ou o vanadio, en alto estado de oxidación). Cando se encontran en disolución acuosa, deixan protóns (H+) en liberdade, conferindo propiedades ácidas as disolucións. A súa fórmula xeral é: Para formulalos escribiremos o símbolo do hidróxeno, á dereita o do non metal ou metal de transición, e a continuación o símbolo do osíxeno. Encima de cada un dos elementos anteriores ,os seus números de oxidación. A continuación escribiremos o número de oxíxeno necesario para que multiplicado polo seu número de oxidación (-2) supere no mínimo ao número de oxidación do non metal. Por último, a diferenza entre os dous valores anteriores a cubrimos co hidróxeno.

  21. A fórmula resultante depende só do número de oxidación de X, polo que é posible agrupar as estruturas segundo o número de oxidación. As estruturas presentan certas regularidades segundo o elemento central X empregue número de oxidación par ou impar. A continuación formúlanse os ácidos correspondentes ao cloro (n.o. +5) e o xofre (n.o. +6): Carga do anión +5 2 +5 2  +  Cl O3 H + Cl O3 H Cl O3 Cl O Cl O 3 +5 6 oxiácidos Anións poliatómicos Carga do anión +6 2 +6 2 2 + 2 S O 2H + S O H2 S O O O S S 4 4 4 4 +6 8

  22. Formulando os demais ácidos, con números de oxidación impares: +1, +3, e +7, temos as seguintes fórmulas: +1 HXO1 +3 HXO2 Números de oxidación +5 HXO3 +7 HXO4 Formulando os demais ácidos, con números de oxidación pares: +2, +4, e +6, temos as seguintes fórmulas: +2 H2XO2 Números de oxidación +4 H2XO3 +6 H2XO4 Os ácidos que proveñen de números de oxidación impares teñen só un H, mentres os que proveñen de números de oxidación pares teñen 2 H. Todas as formas, tanto con números de oxidación consecutivos par ou impar, diferencianse nun oxíxeno.

  23. Para nomerar os oxiácidos empreganse tres nomenclaturas: a sistemática, a funcional (ou de Stock) e a tradicional. Nesta presentación só veremos a sistemática e a tradicional. Para nomear a estes compostos, pola nomenclatura tradicional, séguense as siguintes regras: sufixo prefixo Raiz do non metal -oso a) Hipo- -oso b) ….. -ico c) ……… -ico d) Per- • Os non metais, que teñen catro números de oxidación, que son os halóxenos, utilizan as catro regras anteriores. • Os non metais, que teñen tres números de oxidación, qu son os anfíxenos, e nitroxenoideos, utilizan as regras “a”, “b” e “c”. O manganeso utiliza as regras “b”, “c” e “d”. • Os non metais que teñen dous números de oxidación, algún nitroxenoideo (As, Sb), utilizan as regras “b” e “c”. • Os non metais que teñen un só número de oxidación, carbonoideos (empregan aquí só o +4), o boro e o cromo utilizan a regra “c”.

  24. Unha forma sinxela de aprender esta nomenclatura é a seguinte: Aprendemos de memoria o nome dos seguintes ácidos: H Cl O3 Ácido clórico H2 S O Ácido sulfúrico 4 Serve para calquera elemento, non metálico, de número de oxidación impar +5 Serve para calquera elemento, non metálico, de número de oxidación par +6 • Os ácidos que seguen as formas anteriores, noméanse acabando en “ico” o nome de elemento correspondente. • Diminuíndo o subíndice do osíxeno nunha unidade (equivale a quitar un átomo), obtemos outras formas que se nomean coa terminación “oso”. • Diminuíndo en dous os osíxenos, obtemos outras formas que se nomean co prefixo “hipo” e a terminación “oso”. • Aumentando o subíndice do oxíxeno, nunhaunidadeobtemosoutras formas que se nomeancoprefixo “per” e a terminación “ico”.

  25. Para nomear a estes compostos, pola nomenclatura sistemática, comézase polo prefixo numeral (mono, di, tri, tetra,…), que indica o número de oxíxenos, seguido por –oxo- (de oxíxeno), o nome do átomo central terminado en –ato e o seu número de oxidación entre paréntese e en números romanos, por último engádese de hidróxeno. Para sistematizar o estudo dos oxiácidos, imos a fixarnos no grupo do elemento non metálico. Oxiácidos do grupo dos halóxenos Nestes compostos o non metal pode ser: Cl, Br e I con n.o. +1, +3, +5, +7. O flúor non forma oxiácidos. Composto Sistemática De Stock HClO oxoclorato(I) de hidróxeno ácido hipocloroso HClO2 dioxoclorato(III) de hidróxeno ácido cloroso HClO3 trioxoclorato(V) de hidróxeno ácido clórico HClO4 tetraoxoclorato(VII) de hidróxeno ácido perclórico

  26. Oxiácidos do grupo dos anfíxenos Nestescompostos o non metal pode ser: S, Se e Te con n.o. +2, +4, +6. Composto Sistemática De Stock H2SO2 dioxosulfato(II) de hidróxeno ácido hiposulfuroso H2SO3 trioxosulfato(IV) de hidróxeno ácido sulfuroso H2SO4 tetraxosulfato(VI) de hidróxeno ácido sulfúrico De forma análoga procederíase para o selenio e para o teluro. Oxiácidos do grupo dos nitroxenoideos Nestes compostos o non metal pode ser: N e P con n.o. +2, +3, +5, As e Sb (ambos con n.o. +3, +5). Composto Sistemática De Stock HNO oxonitrato(I) de hidróxeno ácido hiponitroso HNO2 dioxonitrato(III) de hidróxeno ácido nitroso HNO3 trixonitrato(V) de hidróxeno ácido nitrico

  27. O (P), (As) e (Sb) poden formar máis dun oxiácido co mesmo n.o. Así, utilizase o prefixometa-para identificar o oxiácido que se obten seguindo a regra de formulación anterior, o prefixo orto-para o ácido que se obten ao sumar unha molécula de auga a forma meta. O prefixo di- (piro-) fai referencia ao grao de polimerización do ácido respectivo. Esta polimerización pode ser maior (tri-, tetra-, …). Como regra xeral, elimínase unha molécula de auga menos que o número que indica o grado de polimerización do ácido. oxiácido “meta” + H2 O oxiácido “orto” 2 oxiácido “orto” H2 O oxiácido “di” ou “piro”  3 H3PO4  2 H2 O H5P3O10 Para o caso do P con n.o. +5: Composto Sistemática De Stock HPO3 trioxofosfato(V) de hidróxeno ácido metafosfórico H3PO4 tetraoxofosfato(V) de hidróxeno ácido ortofosfórico H4P2O7 heptaoxodifosfato(V) de hidróxeno ácido difosfórico H5P3O10 decaoxotrifosfato(V) de hidróxeno ácido trifosfórico

  28. Oxiácidos do grupo dos carbonoideos Nestes compostos o non metal puede ser: C e Si con n.o. +4 (non existe o oxiácido de C con n.o. +2). O oxiácido de C, o ácido carbónico, é inestable descompoñendose en dióxido de carbono e auga. Sen embargo, ten importancia pois del derivan os carbonatos. No caso do silicio, existen tres oxiácidos, como ocurría co P: Composto Sistemática De Stock H2CO3 trioxocarbonato(IV) de hidróxeno ácido carbónico H2SiO3 trioxosilicato(IV) de hidróxeno ácido metasilícico tetraoxosilicato(IV) de hidróxeno H4SiO4 ácido ortosilícico H6Si2O7 heptaoxodisilicato(IV) de hidróxeno ácido disilícico Oxiácidos do boro Nestes compostos, o boro actúa co n.o. +3. Pódense formular os seguintes compostos: Composto Sistemática De Stock HBO2 dioxoborato(III) de hidróxeno ácido metabórico H3BO3 trioxoborato(III) de hidróxeno ácido ortobórico

  29. Oxiácidos de metais en alto estado de oxidación (Estes ácidos non existen na natureza, pero son importantes xa que si se coñecen as súas sales). Oxiácidos do manganeso Nestes compostos o Mn pode ter n.o. +4, +6 e +7. As terminacións son: -oso, -ico e per- …-ico, e non hipo-…-oso, -oso e –ico, como cabería esperar para un con elemento con tres n.o. Composto Sistemática De Stock H2MnO3 trioxomanganato(IV) de hidróxeno ácido manganoso H2MnO4 tetraoxomanganato(VI) de hidróxeno ácido mamgánico HMnO4 tetraxomanganato(VII) de hidróxeno ácido permangánico Oxiácidos do cromo Nestes compostos o Cr actúa co n.o. +6 , ademáis o cromo forma tamén o ácido dicrómico, ácido de grande importancia en química polas sales a que da lugar. Composto Sistemática De Stock H2CrO4 tetraxocromato(VI) de hidróxeno ácido crómico H2Cr2O7 heptaoxodicromato(VI) de hidróxeno ácido dicrómico Oxiácidos do vanadio Nestes compostos o V actúa co n.o. +5 , ademáis forma tamén o ácido ortovanádico. HVO3 trioxovanadato(V) de hidróxeno ácido metavanádico H3VO4 tetraoxovanadato(V) de hidróxeno ácido ortovanádico

  30. NOMENCLATURA DOS IÓNS • Para os anións monoatómicos: cítase o nome do elemento acabado en “uro”, agas se se trata do oxíxeno que se nomea como “óxido”. • Para os catións monoatómicos: indícase simplemente o nome do elemento utilizando a nomenclatura de Stock. • Entre os iónspoliatómicos (anións e catións) temos o OH-: ión hidróxido; NH4+ : ión amonio. • Os oxianións son iónspoliatómicos que proceden dos correspondentesoxiácidos, que perderon un oumáishidróxenos. A carga negativa resultante coincide con número de H perdidos. Nanomenclatura sistemáticassoxianiónsnoméanse igual que o ácido de que proceden, pero suprimindo a expresión de hidróxeno e sustituíendo a palabra ácido por ión Nanomenclatura tradicionalnoméansesustituíndo a palabra ácido por ión e as terminacións –oso por –ito e –ico por –ato. Para os ións ácidos colocase o prefixo que indique o número de hidróxenos do anión.

  31. Para os catións metálicos recomendase a nomenclatura de Stock. Para os aniónsmonátómicosrecoméndase a nomenclatura tradicional. Para os oxianiónsrecoméndase a nomenclatura tradicional. Composto Sistemática tradicional Fe2+ Ión ferro(II) Ca2+ Ión calcio Ión calcio Cl- Ión cloruro Ión cloruro S2- Ión sulfuro Ión sulfuro NH4+ Ión amónio H3O+ Ión oxónio NO2- Ión dioxonitrato(III) Ión nitrito CO32- Ión trioxocarbonato(IV) Ión carbonato Cr2O72- Ión heptaoxodicromato(VI) Ión dicromato H2PO4- Ión dihidróxenotetraoxofosfato(V) Ión dihidróxenofosfato

  32. OXISALES Son compostos formados poa un non metal, osíxeno, e un metal que proceden da reacción de neutralización entre un oxiácido e un hidróxido metálico. A efectos de formulación, as oxisales poden considerarse como compostos binarios formados por un catión metálico (provinte da base) e un oxianión (provinte do ácido) oxisal HClO3 + NaOH NaClO3 + H2O As oxisales, pola nomenclatura sistemática, noméanse de maneira parecida ao oxiácido de procedencia, substituíndo a palabra hidróxeno polo nome do metal correspondente e o n.o. co que actúa entre parénteses. Comezase polo anión e se termina polo catión. Cando o anión ten subíndices, tamén se pode nomear mediante os prefixos gregos bis-, tris-, tetrakis-, pentakis- …, e neste caso non é necesario indicar o número de oxidación do metal.

  33. Na nomenclatura de Stock e tradicional aceptada, substitúense as terminaciones –oso/-ico do oxiácido de procedencia por –ito/-ato, respectivamente; os prefixos hipo-/per-, se os tuviera o ácido do que procede, manteñense e, a continuación, figuran o nome do metal e o número de oxidación co que actúa entre parénteses, sempre cando teña máis de un. Para os oxisales recoméndase a nomenclatura de Stock e tradicional aceptada. Composto Sistemática Stock-tradicional aceptada AgNO3 trioxonitrato(V) de prata Nitrato de prata Tetraoxosulfato(VI) de níquel(III) Tris-tetraoxosulfato(VI) de niquel Ni2(SO4)3 Sulfato de níquel(III) NiSO4 Tetraoxosulfato(VI) de níquel(II) Sulfato de níquel(II) Tetraoxofosfato(V) de chumbo(IV) Tetrakis-tetraoxofosfato(V) de chumbo Pb3(PO4)4 Fosfato de chumbo(IV) (NH4+)2CO3 Trioxocarbonato(IV) de amonio Carbonato de amonio CoCO3 Trioxocarbonato (IV) de cobalto (II) Carbonato de cobalto (II) Carbonato cobaltoso

  34. SALES ÁCIDOS Son sales que conteñen átomos de hidróxenonasúa estructura. Pódense considerar como derivados de oxiácidospolipróticos (con máisdunhidróxeno), nos que se substitúe algún/s hidróxenos por catións metálicos. Formúlanse igual que os oxisales, comezando polo catión seguido polo oxianión, que contén un o máishidróxenos. Tamén se consideran sales ácidos aquelas que proceden de substituir un hidróxeno nos ácidos hidrácidos . Composto Sistemática Stock-tradicional aceptada NaHCO3 Hidróxenotrioxocarbonato(IV) de sodio Hidroxenocarbonato de sodi Dihidróxenotetraoxofosfatofato(V) de ferro(II) Bis-dihidróxenotetraoxofosfato(V) de ferro Dihidróxenofosfato de ferro(II) Fe2(H2PO4)2 Hidróxenotrioxosulfato(IV) de cromo(III) Dihidróxenosulfito de cromo(III) Cr(HSO3)3 Hidróxenosulfuro de litio Hidróxenosulfuro de litio Cr(HSO3)3

  35. SALES BÁSICOS Son sales que se orixinan cando nuha reacción de neutralización existe un exceso de hidróxido con respecto do ácido. Son compostos que posúen algún grupo OH na súa estrutura. Para formulalos escríbese primeiro o catión e logo os anións en orde alfabética Na nomenclatura sistemática, noméanse como as sales neutras, antepondoaonome do anión o termo hidroxi, precedido dos prefixosnumerais, segúndo o número de grupos OH - presentes no sal. Na nomenclatura de Stock e tradicional aceptada, noméanse citando, en orde alfabética, o nome do anión e o termo hidróxido unido por un guión. A palabra hidróxido leva anteposto un prefixo que indica o número deles presente na fórmula. Composto Sistemática Stock-tradicional aceptada MgNO3OH Hidróxitrioxonitrato(V) de magnesio Hidroxeno-nitrato de magnesio Cu2(OH)2SO4 Dihidróxitetraoxosulfato(V) de cobre(II) Dihidróxido-sulfato de cobre(II) CdBrOH Hidroxibromuro de cadmio Bromuro-hidroxido de cadmio

  36. SALES DOBRES (TRIPLOS).. Son sales nas que os catións ou os anións son de varios tipos. Na fórmula, os símbolos dos catións poñense en orde alfabética. Na nomenclatura sistemática, noméanse como as sales neutras, empezando polo/os nomes dos anións e terminando co/os dos catións, indicando o número deles mediante un prefixo (di-, tri-, tetra-,... Na nomenclaturade Stock e tradicional aceptadanoméansencitando, en ordenalfabética, o nome do anión/anións e logo do catión/catións (quepoden ser distintoaodafórmula), comonos sales neutros, intercalando as palabrasdobres, triplos, entre paréntese, en función do número de catións. Composto Sistemática Stock-tradicional aceptada LiNaCO3 Trioxocarbonato(IV) de litio e sodio Carbonato(dobre) de litio-sodo MgNH4AsO4 Tetraoxoarseniato(V) de amonio e magnesio Arseniato (dobre)de amonio magnesio Disulfuro de rubidio e trisodio Sulfuro (dobre) de rubidio e trisodio Na3RbS2

More Related