1 / 18

Unha perspectiva de xénero: A migración da muller

Unha perspectiva de xénero: A migración da muller. ¿A migración repercute do mesmo xeito nas mulleres e nos homes?. ¿Habería que matizar a cuestión de xénero segundo a cultura, a raza, a etnia, o nivel de renda, a relixión, as condicións políticas do país de orixe das migrantes?.

kobe
Télécharger la présentation

Unha perspectiva de xénero: A migración da muller

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Unha perspectiva de xénero: A migración da muller

  2. ¿A migración repercute do mesmo xeito nas mulleres e nos homes? ¿Habería que matizar a cuestión de xénero segundo a cultura, a raza, a etnia, o nivel de renda, a relixión, as condicións políticas do país de orixe das migrantes?

  3. ¿Hai discriminación e desigualdade no proceso migratorio? ¿Hai aspectos positivos para as mulleres na migración?

  4. ¿Como nos comportamos as mulleres dos países receptores coas inmigrantes? A muller desempeña traballos relacionados co sexo, co traballo doméstico, co cuidado de nenos/as e persoas da terceira idade. ¿Reproducimos os estereotipos sobre a muller?: ¿Tiramos proveito da súa condición de irregulares?

  5. ¿Que papel desempeñamos as mulleres nos nosos países de orixe segundo a xerarquia de poder que se establece por sexos? … ¿nais? … ¿esposas? … ¿fillas? … ¿mulleres independentes? Hai que ter en conta que: segundo a idade, cambia o tarefa que se nos asigna pola condición de género.

  6. Que nos induce a emigrar? ¿Condicións económicas do noso país ou rexión de orixe? ¿Crises económicas? ¿Condicións políticas? ¿Conflitos relixiosos, políticos, violencia social? Violencia de xénero?Violacións, violencia na familia ¿O noso fogar é monomarental? (responsabilidade única sobre os/as nosos/as fillas/os)¿Temos con quen deixalas/os? ¿Situación económica da nosa familia? ¿Reagrupación familiar? ¿Expectativas de liberdade e/o mellora? ¿Condicións persoais?

  7. Nos nosos países de orixe… ¿Como transmite a cultura o papel das mulleres? ¿Cal é a situación da muller nos distintos niveis educativos? ¿Cal é o noso nível de capacitación profesional? ¿Procedemos do mundo rural ou do mundo urbano? ¿Cal é a nosa situación no mercado laboral? ¿Cantas traballamos aló no servizo doméstico, como coidadoras ou na prostitución? ¿Quen coida e educa ás nosas/os fillas/os en canto estamos fóra?

  8. Condicións da nosa saída ¿As leis de emigración dos nosos países favorecen de igual xeito a saída de homes que a de mulleres? ¿De que forma pagamos ou financiamos a nosa viaxe? Dispoñemos de aforros? Propiedades que hipotecar?Hipotecamos a nosa vida durante algún tempo para conseguir a pasaxe? ¿Vimos a través de mafias? Redes de emprego? ¿Entramos legal ou ilegalmente? ¿Temos vencellos familiares ou de amizade con alguén do país ao que chegamos?

  9. No país ao que chegamos … ¿Facémolo por reagrupamento familiar? ¿O traballo que desempeñaremos será na nosa propia familia? ¿A cultura do noso país de orixe afíxonos a traballar fóra da casa? Os dereitos que adquirimos dependen da nosa condición de nais, fillas.... ¡ Non temos dereitos laborais !

  10. Chegamos de modo individual, con visado, ou a través dos nosos contactos persoais: Independentes! = Os dereitos correspóndennos por sermos nós mesmas … O noso papel no país está no mercado laboral.

  11. O statu de “migrante” é diferente se: entramos como dependentes ou como independentes O statu de “migrante” determina: dereito a residencia dereito a traballo dereito a programas do estado do benestar

  12. Cara onde nos diriximos? Hai vencellos económicos estreitos co país ao que chegamos? Fala o noso mesmo idioma? Existe proximidade xeográfica? Garda antigos vencellos coloniais? Cal é a situación económica do país ao que chegamos? Que tipo de traballadoras necesita o país ao que chegamos?

  13. Hai diferencias entre homes e mulleres no proceso de integración? A forma de entrada: legal ou ilegal, dependente ou independente. Modelo de incorporación ao mercado laboral: traballos tipificados como femininos que alongan a nosa situación irregular (traballo en empresas sumerxidas intensivas en man de obra, coidado de persoas dependentes, s. doméstico, s. sexuais). Ademais, como a lei esixe precontrato, é o mesmo precontratar para traballar no s. doméstico que parafacelo na construción? ...Coidemos simplesmente na confianza que se exise para ambos os dous traballos

  14. O dereito de asilo nos países europeos NON recoñece a violencia de xénero como un motivo de asilo.

  15. Tamén existen xerarquías de xénero nas sociedades ás que chegamos! Os cambios experimentados ao incorporarnos á vida social e laboral nos novos países modifican as relacións co noso entorno familiar. As xerarquías de poder de xénero en relación ás que predominaban nos nosos países de orixe, no fundamental,non cambian, só se transforman. Nas oportunidades de emprego. Nas condicións de traballo. Nos salarios que percibimos.

  16. Que atopamos? Desempeñamos novos papeis económicos. Asumimos novas responsabilidades. Altéranse as relacións de poder nas nosas parellas. Os estereotipos sexuais que a sociedade que nos recibe ten sobre as mulleres dos nosos países.

  17. A que nos adicamos nos países aos que emigramos? ¿Amas de casa? ¿Estudantes? ¿Desempeñamos traballos de acordo coa cualificación e especialización que temos adquirido nos nosos países? ¿Servizo doméstico? ¿Prostitución? ¿Era o tipo de traballo que nos ofreceran? ¿Coidado de persoas maiores? ¿Traballos agrarios? ¿Industria sumerxida sen contratos de traballo?

  18. Algúns aspectos positivos que gañamos cando chegamos a normalizar a nosa situazón Aumenta a nosa mobilidade social Independencia económica Maior autonomía respecto á familia Participación social Participación asociativa

More Related