210 likes | 325 Vues
Unha contrareforma que empeora as nosas condicións de vida e traballo. Facilita e abarata a destrución de emprego Facilita os EREs Crea un novo contrato “indefinido” subvencionado con despedimento libre e gratuíto Empeora o contrato para a formación e aprendizaxe
E N D
Unha contrareforma que empeora as nosas condicións de vida e traballo • Facilita e abarata a destrución de emprego • Facilita os EREs • Crea un novo contrato “indefinido” subvencionado con despedimento libre e gratuíto • Empeora o contrato para a formación e aprendizaxe • Os convenios de empresa poden empobrecer as condicións de traballo • Legaliza o incumprimento do Convenio Colectivo • Aumenta o poder das ETTs • Outras regresións Confederación Intersindical Galega
Aquí mando eu! Reforma Laboral 2012 do traballo asalariado á escravitude asalariada
1. Facilita e abarata a destrución de emprego • Xeneraliza o despido procedente cunha indemnización de 20 días/ano cun máximo de 12 mensualidades. • Tanto para o despido colectivo como para o despido obxectivo considérase causa de despedimento a existencia de perdas actuais ou previstas, ou a diminución persistente de ventas ou ingresos durante 9 meses. • Permite aplicar este despido no sector público alegando 9 meses de insuficiencia orzamentaria. • Elimina a necesidade de autorización administrativa para os despidos colectivos. Confederación Intersindical Galega
1. Facilita e abarata a destrución de emprego • Desaparece a indemnización por despedimento de 45 días por ano traballado cun máximo de 42 mensualidades. • Desde a entrada en vigor da reforma (12/02/12) todas as indemnizacións por despido improcedente serán de 33 días/ano cun máximo de 24 mensualidades. • Se o teu contrato é anterior á reforma e establece a indemnización antiga hai que facer un dobre cálculo. Até a entrada en vigor da reforma calcúlase 45 días/ano cun máximo de 42 mensualidades, a partir dese momento calcúlase 33 días/ano cun máximo de 24 mensualidades. • Isto significa conxelar na práctica a indemnización por despido das persoas que teñen 16 anos ou máis de antigüidade na empresa. • Desaparecen definitivamente os salarios de tramitación. Confederación Intersindical Galega
1. Facilita e abarata a destrución de emprego • As baixas por enfermidade ou accidente común poderán ser motivo de despedimento: • Cando nun período de dous meses consecutivos collas máis dunha baixa e esteas de baixa o 20% da xornada. • Nunha xornada media, sumar 9 días en máis dunha baixa, en dous meses, pasa a ser motivo de despedimento! • Ou o 25% da xornada en catro meses descontinuos dentro dun período de doce meses. • Nunha xornada media, sumar 21 días en máis dunha baixa, en catro meses descontinuos pasa a ser motivo de despedimento! Confederación Intersindical Galega
2. Facilita os ERE’s • Finalizado o período de consultas • A empresa decide unilateralmente • Xa non é necesaria a autorización administrativa previa • Aplícase a todos os expedientes de regulación de emprego (de extinción, suspensión ou redución da xornada) Confederación Intersindical Galega
3. Novo contrato “indefinido” subvencionado con despedimento libre e gratuíto • Para empresas con menos de 50 traballadoras/es • Período de proba dun ano • Durante este tempo a empresa pode despedirte sen alegar causa algunha e non tes dereito a indemnización. Confederación Intersindical Galega
3. Novo contrato “indefinido” subvencionado con despedimento libre e gratuíto Confederación Intersindical Galega
4. Contrato para a formación e aprendizaxe • Incrementa a duración máxima do contrato até os 3 anos • Aumenta o límite de idade até os 30 anos! • Se a taxa de desemprego é igual ou superior ao 15% • No caso de ser inferior ao 15% será até os 25 anos. • En persoas con minusvalía non existe límite de idade. • A mesma empresa ou outra distinta poden volver a contratarte baixo esta modalidade cambiándote de actividade ou ocupación. • Podes estar máis de 13 anos con este contrato lixo! • Salario: • 1º ano = 75% Salario Mínimo (481 €) • 2º e 3º ano = 85 % Salario Mínimo (545 €) Confederación Intersindical Galega
4. Contrato para a formación e aprendizaxe Confederación Intersindical Galega
5. Os convenios de empresa poden empobrecer as condicións de traballo • As empresas poden asinar Convenios propios que empeoren as condicións de traballo e o salario do Convenio Sectorial, ben sexa provincial, galego ou estatal. • O único límite a respetar é o Estatuto das Traballadoras/es Confederación Intersindical Galega
6. Legaliza o incumprimento do Convenio Colectivo • As empresas poden descolgarse de TODO o convenio colectivo. • Modificar a xornada, cambiar ou desregular o horario, baixar salarios… Todo vale. • Basta con alegar perdas reais, previstas ou diminución de ingresos ou ventas durante 6 meses consecutivos. Confederación Intersindical Galega
7. Aumenta o poder das ETTs • Poderán actuar como axencias privadas de colocación, colaborando co Servizo Público de Emprego. • A Reforma dá un paso máis no camiño da privatización dos servizos públicos de emprego Confederación Intersindical Galega
8. Outras regresións da reforma • Permite as horas extra nos contratos a tempo parcial. • Deste modo legaliza o fraude que existe nestes contratos. • As persoas desempregadas que cobran prestación poderán ser obrigadas a facer traballos “voluntarios” • En realidade son traballos forzosos pero “voluntario” sona moito mellor. • Así poderán reducir postos de traballo no sector público. • Dificulta a conciliación entre a vida laboral e familiar. Confederación Intersindical Galega
29 m folga xeral Confederación Intersindical Galega